Os cinco parquímetros xa existentes manteranse no mesmo emprazamento (praza de Bugallal, rúa Reveriano Soutullo, praza da Música, praza Arxentina e rúa Perillana). A zona azul seguirá sendo de balde e nos puntos de recollida expedirase un tícket no que figure o número do expendedor e os datos do vehículo así como a hora de comezo e remate do estacionamento.
Para asegurar a rotación e bo funcionamento da zona azul no tícket incorpórase o número do expendedor que identifica cada parquímetro. Como novidade na modificación da ordenanza tamén se engade un tramo horario pola tarde para que tamén se produza a desexada rotación.
Nos vindeiros días procederase á adxudicación definitiva para que o servizo comece a funcionar do xeito máis óptimo. A zona azul ten como obxectivo dinamizar as zonas de aparcamento e que toda a veciñanza teña a oportunidade de achegarse ao centro urbano para realizar as súas compras e xestións.
Os parquímetros diferenciarán os tramos de luns a venres dos de fin de semana e marcarán como horarios de funcionamento da zona azul entre semana de 08:00 a 14:00 horas e algún horario de tarde. Unha vez concluído o tempo máximo de utilización, o vehículo deberá abandonar o estacionamento e non poderá volver estacionar durante o horario establecido para limitación de estacionamento durante esa xornada.