Segundo informou o Concello, este instrumento será empregado tanto para o traballo diario de inspección sempre que sexa requirido e baixo o marco legal que permite o uso desta tecnoloxía e para actuacións de emerxencia dos bombeiros de Ponteareas, que atenden aos dez concellos das comarcas do Condado e A Paradanta (As Neves, Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas e Salvaterra) e contan cun cadro de persoal composto por trece profesionais.
O dron, equipado con cámara térmica, servirá para mellorar os tempos de reacción e optimizará os recursos ademais de dotar de maior seguridade aos profesionais á hora de inspeccionar edificacións incendiadas ou en risco de derrubamento.
Ademais, con esta adquisición os bombeiros poderán obter en tempo real unha información visual veraz que lles permitirá actuar con máis seguridade e precisión. Tamén será de grande utilidade á hora de buscar persoas desaparecidas ou vítimas atrapadas.
Para poder usar esta ferramenta, tres bombeiros foron formados nun curso básico de 50 horas de duración e nun curso avanzado de 70 horas de carácter teórico-práctico, o que lles permite ter a titulación de “piloto de RPAS (Remote Pilot Authorized System) homologado por AESA a través de ATO.