O alcalde, Xosé Represas, explicou que a veciñanza da zona recibiu información sobre a transformación a realizar e que se reuniu cos técnicos redactores do proxecto, podendo trasladar as súas suxestións e necesidades chegando mesmo a ser partícipe da proposta que se vai executar.
A opinión maioritaria decantouse pola alternativa que supón un maior grao de humanización da rúa. Deste xeito, o proxecto contempla, segundo adianta a concelleira de Vías e Obras, Chus Garrote, un único sentido de circulación desde a rotonda da estrada de As Neves até o entronque da rúa Redondela coa rúa das Pombas. Desde aí ata a rotonda do Axente Comercial manterase o dobre sentido de circulación. A alternativa escollida contempla a ampliación substancial das beirarrúas que oscilarán entre os 2,50 metros e un máximo de 6 metros.
Ademais contémplase a plantación de 27 árbores e a instalación de 12 lámpadas con tecnoloxía LED, seis bancos, papeleiras, dispensadores de bolsas para excrementos de cans e paneis informativos para colocación de información municipal. Tamén se reducirá o límite de velocidade aos 30 km/h e créase unha zona a maiores de carga e descarga