Deste xeito, o vindeiro martes 15 de outubro ás 17:30 horas celebrarase a charla “Información sobre produtos financeiro”, que estará impartida pola asociación Adicae. Esta actividade enmárcase dentro do plan de educación financeira avalado pola Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) e o Banco de España.
No auditorio municipal explicarase que é unha cláusula solo, que son os gastos hipotecarios ou o que é o IRPH, ademais de deixar claro cales son os dereitos e deberes dos consumidores cando contratan determinados produtos.