Con estes traballos o goberno de Ponteareas da os primeiros pasos para a recuperación duns terreos de gran valor paisaxístico, túrístico e natural coa intención de darlle uso e polos á disposición da cidadanía o antes posible. Unha vez limpo, o Goberno de Ponteareas estudará estes máis de catroce mil metros cadrados para planificar a súa rehabilitación e uso.
Ademais, o concello de Ponteareas comeza a preparar distintas fincas e terreos municipais para a plantación de especies vexetais necesarias para a confección das alfombras florais do Corpus de Ponteareas.
Trala reunión de presentación mantida entre o Alcalde de Ponteareas, Xosé Repreesas e a Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas, empregados municipais comezaron xa a desbrozar algunhas das fincas municipais para estudar en colaboración coa asociación a plantación de determinadas especies tanto de arbustos como de flores axeitadas para os deseños das alfombras florais.
Hortensia, rosais arbustivos, uceira, mirtos, buxo , entre outras, son algunhas das especies suxeridas polos alfombristas para empregar nas alfombras florais de Corpus. A recolección de flores e materias verdes é un dos traballos máis laboriosos para os alfombristas. Ata agora, algúns dos materiais xa eran facilitados polo Concello que os recolectaba e repartía polos portais de alfombristas. Agora, o goberno de Ponteareas quere dar un paso máis e da man dos alfombristas estudiar a plantación en fincas e parques municipais para que ademais de engalanar a vila con flores poidan ser logo a materia prima dos tramos alfombrados.
As propiedades municipais no entorno da Freixa, o parque das Pombas, as beiras do regato da Venda ou o parque de San Roque son algunhas das zonas que están a ser estudiadas para a plantación destas especies florais e arbustivas.