A implantación deste software será inmediata e comezará testeándose de xeito interno para despois pola a disposición da veciñanza. A previsión é que o primeiro servizo de aviso de incendencias aberto ao público sexa o de áreas de medioambiente como a recollida do lixo e limpeza viaria de xeito que calquera veciño poida comunicar e adxuntar fotografías das incidencias desta área.
Esta app terá capacidade para xestionar e diferenciar todo tipo de incidencias (desperfectos vía pública, vertedeiros, recollida de lixo, desabroches, iluminación, etc.) e irá sendo progresivamente implantada en diferentes áreas.
O software contratado incluirá unha app móbil para o cidadán (para dar de alta incidencias de xeito xeoreferenciado e a inclusión de arquivos fotográficos), e que permita o seguemento da incidencia por parte do mesmo. Tamén incluirá unha aplicación web para a xestión global (cadro de mando e xestión das incidencias) e unha app móbil para os operarios do concello ou das súas subcontratas (para a xestión do seu traballo diario), coa que xestioar as incidencias e enviar arquivos fotográficos.
Ademais o servizo inclúe unha solución que permita a xestión das incidencias a nivel de tarefas ou ordenes de traballo e debe permitir dar de alta incidencias ao propio persoal do Concello.
Este novo servizo que mellorará a atención e a resolución das obras será compatible con navegadores Firefox, Chrome, etc.
Empresas como Telefónica, Vodafone, Imatina Innovation S.L e Altia Consultores foron convidadas a presentarse ao concurso co obxecto de obter a proposta máis profesional e de calidade. Finalmente, Gecor System S.L resultou seleccionada para implantar este novo servizo nos vindeiros meses ao demostrar experiencia, axeitarse ás características requeridas e ofrecer o mellor prezo por un total de 13.915 €.
O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, explica que se materializan así as propostas recollidas na estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable” que guiará o futuro de Ponteareas para converter a cidade nun espazo saudable, sostible, dixital, moderna e que permita a convivencia e a participación cidadá.
O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Benito Márquez, explicou que os principais obxectivos para implantación desta aplicación informática son “por a disposición do cidadán unha ferramenta de fácil acceso coa que poder comunicar co Concello, de forma inmediata e áxil, calquera incidencia da vía pública, así como reducir os trámites burocráticos de calquera destas incidencias ao posuír unha aplicación comunicación directa co departamento responsables. Con esta apliación preténdese solventar na maior brevidade posible as incidencias tramitadas”. Benito Márquez sinalou que “calquera cidadán que vaia paseando polo municipio cun simple teléfono móbil poida fotografiar e enviar a imaxe ao consistorio, realizándose a xeolocalización de forma automática”.
Esta app ademais de axilizar a comunicación entre os departamentos do Concello e revertir nun servizo máis áxil á cidadanía, tamén fomenta a participación cidadá. A aplicación informática, que tan só terá que ser descargada no terminal móbil, enmárcase dentro das accións que se desenvolverán no marco de operacións “Hábitat Dixital e Accesible”, financiada cos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional.