Segundo a administración municipal, este é un “exemplo dos moitos motivos” que levaron durante estes anos á veciñanza a demandar urxentemente melloras na seguridade viaria que agora, unha vez máis, “pedimos á Xunta que estude”.
Para o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, a veciñanza de Moreira e Angoares está exposta a un “constante perigo pola falla de seguridade viaira” dende que hai vinte anos se abríu este enlace coa autovía que provoca unha alta concentración de tráfico rodado.
A Corporación Municipal aprobou en Pleno modificar o proxecto de reforma da estrada, considerando as demandas dos veciños de Angoares. Precisamente, dentro dese documento, recollíanse actuacións que inciden no tramo onde se produciu o accidente.
Entre ellas están establecer medidas de redución efectiva da velocidade nos treitos rectos e de pendente (a zona do accidente mortal é un deses tramos), mellorar e ampliar as zonas de pasos de peóns (tamén de aplicación neste mesmo lugar), estudar en todo o treito medidas de mellora da accesibilidade e da conectividade co viario municipal (tamén referido a este cruce por ser un dos máis arriscados), completar os percorridos peonís e cumprir a normativa de accesibilidade nos largos das beirrarúas ou sendas e nos pasos de peóns.
“O proxecto da PO-403 presentado pola Xunta non soluciona estes graves problemas de seguridade que se arrastran dende hai vinte anos e rexeitaron estas propostas da Corporación de Ponteareas no Parlamento Galego”,apunta Represas.
A concelleira de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, tamén lamentou o accidente e adiantou que se porá en contacto inmediato co delegado da Xunta en Pontevedra.
Artigo relacionado: Fallece una mujer atropellada en Ponteareas