O Tren da Ilusión volve a Ponteareas para percorrer o centro urbano e novas parroquias. A locomotora, na que se poderá viaxar de balde, moverase ao longo e ancho da vila do Tea para descubrir algúns dos lugares máis fermosos do municipio. Este sábado día 4 e o luns día 6 partirá dende a rúa Rogelio Groba e dende a Praza Bugallal para pasear a todas as persoas que queiran coñecer os puntos de maior interese histórico e patrimonial.
Ante a boa acollida do ano pasado, o convoi volverá ao rural ampliando as súas estacións a novos lugares. Arcos, Angoares, Arnoso, Bugarín, Cristiñade, Fontenla, Moreira, Nogueira, Pías, Prado, Ribadetea e San Mateo poderán gozar do seu ‘día máxico’ subidos no Tren da Ilusión.
O tren partirá da rúa Rogelio Groba o sábado e o luns ás 12:30, 13.00 e 13:30 horas e da praza Bugallal só o sábado ás 17.00, 17:30, 18.00 e 18:30 horas. Os horarios e paradas nas parroquias son os seguintes:
Arcos, sábado ás 10h na casa cultural
Fontenla, sábado ás 10:15h na casa cultural
San Mateo, ás 11h na casa cultural
Angoares, sábado ás 11:45h na igrexa
Ribadetea, sábado ás 16h na casa cultural
Bugarín, luns ás 10h na casa cultural
Prado, luns ás 10:45h na casa cultural
Pías, luns ás 11:30h na igrexa
Arnoso, luns ás 16h no centro cultural
Cristiñade, luns ás 16:45h na casa cultural
Moreira, luns ás 17:30h na casa cultural
Nogueira, ás 18:15h no teleclub