En colaboración coa Policía Local e coa Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra, os alumnos de cuarto e sexto de primaria reciben clases teóricas e clases prácticas dentro das instalacións do CEIP Nosa Señora dos Remedios.
Nun circuito o alumnado aprende a conducir e transitar pola vía pública aprendendo a respetar os sinais e as marcas viarias. Indumentados con cascos os escolares aprenden bos hábitos e normas conducindo un kart e bicicletas donadas por Bici Mecánica Ponteareas.
A Concelleira de Seguridade adianta que ten a intención de que esta actividade se convirta nunha cita en cada novo curso escolar e destaca a importancia dunha axeitada educación viaria dende pequenos para evitar futuros accidentes e garantir o respeto e a convivencia de tódolos usuarios da vía.