Segundo explicaron os membros do parque de bombeiros da localidade ao 112 Galicia, o lume se orixinou nuns pneumáticos apilados dentro dun alpendre anexo á casa. As lapas avanzaron ata alcanzar a totalidade do alpendre, adega e vivenda. As estruturas quedaron seriamente danadas, polo que existe perigo de derrubamento. A vivenda está situada na parroquia de Moreira, fronte á Casa Rectoral. Ás 2:00 horas de hoxe, un veciño chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. A partir de aí, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros de Ponteareas, Urxencias Médicas, Policía Local e Protección Civil.