Unha persoa resultou ferida este sábado tras quedar baixo o coche que a atropelou e foi necesaria a intervención dos Bombeiros e dos membros de Protección Civil de Pontearas para proceder á súa evacuación.
Os feitos, segundo informou o 112 Galicia, ocorreron minutos antes das 20:00 horas deste sábado, cando o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informaba dun atropelo, á altura do cemiterio de Arcos, na localidade de Ponteareas. Indicaban que a persoa estaba debaixo do coche.
Ata o lugar, nada máis ser alertados polo 112 Galicia, desprazáronse os Bombeiros de Ponteareas, a Policía Local e os membros de Protección Civil da localidade. Tamén, os xestores do 112 informaron dos feitos aos Bombeiros de Vigo.
Unha vez erguido o coche polos Bombeiros coa colaboración dos efectivos de Protección Civil, a persoa puido ser evacuada e trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo polos técnicos sanitarios.