A limpeza terá lugar dende a desembocadura do Tea en Salvaterra, até o Cordeiro, na parroquia de Alxén. O punto de encontro para todos aqueles voluntarios que desexen participar e unirse á expedición de limpeza será a ponte da Fillaboa ás 10:00 horas. En anteriores anos, a acción chegou a retirar uns 400 quilos de lixo do canle e as beiras do río.
Este ano, ademais da habitual limpeza, inspección do río e análise das súas augas organizarase un xantar campestre, onde cada un terá que levar a súa propia comida.
Para participar nesta xornada de voluntariado ambiental e concienciación social, é necesario anotarse no teléfono 639 249 005, ademais de levar roupa cómoda e luvas.