Estas pistas teñen moitos anos e moito uso, xa que sobre todo aos fins de semanas son moitas persoas as que se achegan a Canuda para practicar este deporte. Temos que ter en conta que ao longo do mes son centos de persoas, non so da comarca, senón de toda a provincia e norte de Portugal as que se desprazan hasta Salvaterra para practicar diversas actividades deportivas e lúdicas, o Parque Público A Canuda é un dos espazos naturais con máis afluencia nestes momentos. Este proxecto pretende renovar o firme das pistas e as redes da mesmas, e así mellorar o servizo gratuíto ofrecido polo municipio.
O Delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, visitou co Alcalde de Salvaterra de Miño, Arturo Grandal Vaqueiro, as pistas de tenis do Parque Público A Canuda, para ver de primeira man as necesidades de renovación das mesmas, obras que vai realizar a Secretaría Xeral de Deportes por un importe de 40.000 euros e cas cales se pretende por en valor unha das diferentes alternativas deportivas que ofrece o noso Concello. Salvaterra de Miño é un Concello comprometido co deporte e coa vida saudable, inviste na mellora dos equipamentos deportivos e pon en valor o patrimonio a través de diferentes rutas de sendeirismo polos seus ríos e invita aos seus veciños e visitantes a levar uns hábitos saudables.