O documento presentado, que constaba de seis puntos principais, versa esencialmente sobre as problemáticas ecolóxicas que poden derivar do proxecto, valorado en case douscentos cincuenta mil euros.
O colectivo Lazoiro cuestiona a necesidade de levar a cabo a construción, considerando a existencia do embarcadeiro actual, e fala do efecto sobre a flora e fauna, en especial sobre «certas especies protexidas, a baixa viabilidade do estudo de viabilidade medioambiental ou a necesidade de informar á administración portuguesa, debido a súa proximidade e ao atoparse dentro dunha zona compartida baixo a o amparo legal da Rede Natura 2000».
«O Proxecto do Pantalán en Salvaterra, ademais de estar integramente escrito en castelán, ignora a Lei Orgánica de Protección de Datos, ao non referirse en ningún momento a ela tendo en conta que contará cun sistema de videovixilancia», apunta a asociación.