Ángeles Vázquez participou, xunto co vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, na III Festa do Viño Espumoso da D.O. Rías Baixas, que tivo lugar na localidade pontevedresa de Salvaterra de Miño. Neste acto estiveron acompañados pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, polos delegados territoriais de Pontevedra e Vigo, José Manuel Cores Tourís e Ignacio López-Chaves, e polo alcalde desta vila, Arturo Grandal, entre outras autoridades.
A conselleira puxo en valor tamén os datos da última vendima nesta denominación, que cualificou como “excelentes” tanto en cantidade como en calidade. Así, destacou que foi a única D.O. que rexistrou un aumento da produción respecto ao ano pasado (un 5%) e de ata un 21% en relación á media da década.
A titular de Medio Rural rematou a súa intervención felicitando a colleiteiros, adegas, Consello Regulador e Concello de Salvaterra por estes bos resultados e pola organización da festa, que este ano acada xa a súa terceira edición.