Segundo informou Emerxencias 112, a primera hora da mañá de este luns atopouse o corpo sen vida do mozo de nacionalidade portuguesa desaparecido dende onte á tarde en augas do río Miño, á altura da localidade de Salvaterra.
A Garda Civil confirmou a aparición do cadáver ao 112 Galicia ás 8:15 horas desta mañá. O corpo foi rescatado polo barco da Comandancia da Mariña de Tui. Posteriormente foi trasladado á localidade lusa de Monçao.
Despois de coñecer a desaparición do mozo, contra as 19:00 horas da tarde de onte, o CAE 112 Galicia activou o protocolo ARIEM 112, un proxecto europeo que facilita a coordinación das emerxencias entre Galicia, Castela e León e o norte de Portugal.
Na procura do mozo mobilouzse un amplo dispositivo composto por efectivos galegos e portugueses. No operativo posto en marcha polo 112 Galicia participaron varios membros da Garda Civil, da Policía Autonómica, da Policía Local e de Protección Civil de varias localidades próximas. Os Bombeiros do Baixo Miño, pola súa banda, incorporáronse ás tarefas de busca cunha embarcanción. Dende Portugal tamén foron mobilizadas varias dotacións.