Lazoiro recolleu preto de 300 kilos de lixo na limpeza do río Tea en Salvaterra este domingo, onde participaron preto de 30 persoas, sendo a edición con máis voluntarios. O colectivo denunciou que este ano aumentaron os ferros e chapas, destacando unha prancha de tellado de metal de dous metros de largo e un ferro dun andamio de tamaño semellante.
«Aínda que tamén fose algo habitual atopar bolsas con restos de osos o que fai supoñer que eran de cans afogados, este ano atopamos unha onde ao xulgar polo seu estado, levaban pouco tempo, xa que non estaban en descomposición», explican dende Lazoiro.