Ocorreu a noite do venres nun lugar coñecido como Salcide. Ata alí desprazáronse os servizos sanitarios de urxencia e os axentes da Garda Civil, que aínda investigan as circunstancias nas que se produciu a morte. Segundo indicaron ao 112 Galicia, o corpo apenas presentaba golpes, polo que dubidan se o falecemento foi provocado pola caída dunha árbore, como sospeitaban nun primeiro momento. O home estaba liberado e accesible, polo que o persoal do 112 Galicia descartou avisar aos Bombeiros.