O pago realizarase despois de que a mediados de abril se aprobara definitivamente a modificación parcial do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, da Plisan, un paso necesario para a inclusión na relación de bens e dereitos afectados da eliminación do aproveitamento potencial dos recursos mineiros, así como para a valoración do solo non urbanizable de núcleo rural.
A sinatura das actas de pagamento e ocupación de bens e dereitos realizarase no Concello de Salvaterra de Miño en tres quendas. A primeira delas desenvolverase entre o 12 e o 14 de xuño, a segunda, do 19 ao 21 do mesmo mes, e a terceira e última, entre os días 26 e 27.
En total, a Xunta de Galicia abonará 1.661.433 euros correspondentes ás 366 fincas cuxa valoración foi positiva.