Na exposición, que contaba con medio cento de fotografías ordenadas por décadas, onde se podían ver as dezaesete parroquias de Salvaterra, ademais, moitas fotos compartían historia con Monçao; por exemplo nas que sae o río Miño.
Ademais das fotografías, podían verse obxectos do antigo cine Coliseo, documentos de xornais antigos, onde saían publicidade de empresas da zona e novas sobre festividades ou temas locais.
A xente tamén podían atoparse con entradas do antigo transbordador que unía Salvaterra e Monçao antes da chegada da Ponte Internacional.
Durante os tres días que durou a exposición, moitos veciños e veciñas de Salvaterra amosáronse dispostos a conseguir máis fotografías para que a asociación Lazoiro as poda dixitalizar.
A emoción podía verse en especial na cara dos máis maiores, ao verse recoñecidos en moitas fotografías, ou en grupos de xente que se forman ao redor dunha fotografía exposta para comentala, ou intentar averiguar quenes eran as persoas que saían.