Desta forma, as máis de 200 persoas, entre as que se atopan un elevado número de menores, que atende mensualmente os servizos sociais, puideron pasar dunha maneira o máis normalizada posible unhas datas tan significativas, nesa mesma liña foron entregados diversos xoguetes as familias con nenos, aínda que este traballo se estende a todos os meses e días do ano. Os alimentos en doazón proceden de organismos como Cruz Roja, da compra mensual que realiza o propio Concello para completar unha cesta de alimentos equilibrada e da colaboración de empresas, da recollida en centros escolares ou foron froito da recollida en diversas actividades.
Desde a súa creación en 2009, o Banco Alimentos Municipal leva repartido máis de 82.000 quilogramos de comida a familias salvaterrenses que están a pasar por unha situación delicada. Pero o traballo que realiza Servicios Sociais no Concello non se queda exclusivamente nesta línea de actuación, dende a concellería destacan as axudas para a adquisición de libros e material escolar para nenos de infantil, Salvaterra foi un dos primeiros municipios en ofrecer esta liña de axudas e as axudas de emerxencia Social que están destinadas a pagos puntuais como recibos de luz, gas, aluguer, ou gastos extraordinarios, etc. Estas solicitudes tramítanse a través dos servizos sociais, que examina e analiza as solicitudes unha por unha, tendo en conta todas as casuísticas da unidade familiar así como os ingresos e gastos familiares. En total os servicios sociais de Salvaterra atendeu directamente no ano 2015 as necesidades básicas de máis de 250 veciños.