A pesar de comezar o día co ceo parcialmente nubrado e con lixeiras precipitacións, a xornada comezou con total normalidade e moita asistencia cunha andaina botánica que percorreu a marxe do río Miño ata a desembocadura do Tea con saída dende entrada do Parque A Canuda. Guiada en todo momento polo divulgador Carlos Venade, os asistentes, sendo a maioría veciños da vila, pero tamén chegados de diferentes localidades como Porriño ou Vigo, puideron aprender sobre a flora local.
Pola noite, co ceo totalmente despexado tivo lugar a observación astronómica que comezou ás 23:00 horas nun monte da Comunidade de Montes de Salvaterra de Miño. A actividade tamén guiada por Carlos Venade, levou aos asistentes a través dunha “andaina astronómica” explicando a relación entre a mitoloxía e o nome das estrelas, aprender a identificalas ou a orixe do big bang entre outros moitos temas debido á gran participación e interese creado.
A xornada astronómica contou cun telescopio e prismáticos xigantes dende os que se puído observar a galaxia andrómeda ou xupiter e saturno entre outros. Ademais, grazas a colaboración da Federación Gallega de Astronomía y Radioastronomía contouse cun planetario onde grandes e pequenos puideron aprender máis sobre astronomía. Tamén colaborou a asociación Astromiño.
Dende a organización amosánse moi satisfeitos “era a primeira vez que realizábamos esta xornada, así que non tiñábamos un precedente en canto a número de participantes, pero esta claro que foi todo un éxito, chegando preto das 100 persoas, destacando en especial a importancia de que moitos pais e nais levaran aos seus fillos a aprender e pasalo ben”.