Todas elas contan cun decantador para as augas, que posteriormente verten ao río Miño. Están situadas en Teáns-Oleiros, fronte a vila de Monçao e a un quilómetro da Ponte Internacional, polo que tamén tentarán atraer turismo de Portugal.
As termas, que xa recibiron a autorización da Confederación Hidrográfica Miño Sil e da Consellería de Medio Ambiente, están dispostas augas arriba e o seu recinto conta con 3.000 metros cadrados entre instalacións, zonas verdes e un parque público.
A auga foi declarada mineiro-medicinal e termal previo informe favorable do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España e da Xunta de Galicia.
A apertura realizouse este xoves 16 de maio cun horario de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 21.00 horas. Os luns non estarán abertas ao público para poder desenvolver labores de mantemento.
Como sucede sempre nestas localizacións, faise preciso respectar certas normas de uso que o Concello xa difunde nas instalacións.