O Concello de Salvaterra de Miño informou este mércores de que xa está en funcionamiento dende a fin de semana pasada o Punto Limpo Básico de Tratamento Ecolóxico de Residuos para Autocaravanas. Nestes poucos días que leva aberto, o novo servizo tivo unha alta demanda e máis dunha decena de vehículos achegáronse ao novo punto, ubicado ao final do parque público A Canuda
Segundo explicou o Concello, o auxe do turismo de autocaravana cobrou unha magnitude moi importante nos últimos anos e estímase que o parque total deste tipo de vehículos na Unión Europea alcanza o 1,5 millóns de unidades. En España existen unhas 450.000 autocaravanas, superando de este xeito a visita de 900.000 turistas ao longo de todo ano.
«Para captar este tipo de turismo é importante ter unha pequena infraestructura que permita que estes vehículos poidan vaciar os seus depósitos de augas grises e negras, para enchelos novamente», sinala o Concello. Consideran así desde o goberno local que estás instalacións constitúen un factor determinante na planificación das rutas escollidas para as visitas gastronómicas, cultural, compras… en definitiva, supón un aumento considerable de turistas que incrementará notablemente a economía local.
A zona de implantación do “Punto Limpo de Servizos para Autocaravanas” está ubicado nunha parcela de 4.750 m2 situada no extremo occidental do Parque de “A Canuda”, da que se ocupa 900 m2.
Coa posta en funcionamento deste servicio o Concello de Salvaterra de Miño afirma que «busca potenciar o desenvolvemento económico, social e cultural así como de una manera clara apostar por seguir potenciando o turismo no municipio que ofrece unha oferta turística ampla e variada, dende o ámbito cultural e histórico ao medioambiental».
O goberno destaca atractivos coma o parque público de A Canuda, cos máis de 30km de sendas verdes polos seus ríos, o recinto amurallado, o Museo da Ciencia do Viño ou o Espazo Termal Lúdico de Teans, que consideran «un exemplo claro do potencial turístico co que conta o Concello».