Un ano máis con motivo da celebración do día do libro o Concello de Salvaterra de Miño prepara unha programación especial para a biblioteca durante todo o mes, baixo o lema ‘Abril mes dos Libros’.
A iniciativa pretende levar aos mais cativos o amor polos libros e pola lectura a través de diferentes actividades que se celebraran todos os xoves do mes a través do programa ‘Ler conta moito’, co único fin de achegar a lectura aos nenos e nenas do municipio. As actividades están destinadas a rapaces maiores de 4 anos.
A programación
7 de abril, de 16:30 a 17:20h actuación da animadora Carmen Domech coa actividade “Contacontos de libros contentos”. A partir de 4 anos. Lugar: Salón da Casa de Cultura de Salvaterra.
14 de abril, de 16:30 a 17:20h actuación de Magín Blanco ca actuación “Libros encantados”. A partir de 4 anos. Lugar: Biblioteca de Salvaterra.
21 de abril, DE 16:00 A 17:30h, Obradoiro co grupo Tarabelos de ilustración: Contos con Miró , a partir de 6 anos. Prazas limitadas (25). Lugar: Salón da Casa de Cultura de Salvaterra.
28 de abril, de 16:30 a 17:20h actuación de Luis Vallecillo “Cantamos un conto na Biblioteca?” para ne@s a partir de 4 anos. Lugar: Salón da Casa de Cultura de Salvaterra.