En concreto, a administración local contratará a un vixiante de seguridade, un socorrista, unha persoa para limpeza a xornada completa durante dez meses; dúas persoas para información turística en xornada de 35 horas semanais durante dez meses; dúas persoas peón de construción en xornada de 35 horas á semana durante sete meses; dúas persoas para a recollida do lixo, dous varredores, un condutor, un oficial de albanelaría, un animador sociocultural e un fontaneiro en xornada de 35 horas á semana durante 6 meses; dúas persoas para limpeza, dous monitores deportivos e un cobrador en xornada de 30 horas á semana durante dous meses.
Salvaterra de Miño conta este ano, a través do Plan Concellos, cun total de 756.382 euros, o que supón un 3,32% máis que no exercicio anterior. Para a liña 1 -de investimentos- dispón dun total de 522.277 euros, para a liña 2 -amortización, pago de débedas e gastos correntes- conta con 67.890 euros e para a liña 3 son os case 166.000 euros aprobados.
No total da provincia, a Deputación de Pontevedra pon a disposición dos 59 municipios, co Plan Concellos 2019, case 43,5 millóns de euros, o que supón un 3,3% máis que en 2018. No que respecta á liña 1, a institución provincial pon a disposición dos concellos 30 millóns de euros; no caso da liña 2 -de amortización, pago de débedas e gastos correntes- son 3,9 millóns; e por último, para a liña 3 -para contratación de persoal- irán 9,5 millóns de euros.