Salvaterra de Miño estivo asediada polos incendios durante o domingo 15 e o luns 16 de outubro, encontrándose en case todo o tempo en nivel 2 debido as súas dimensións e a súa proximidade aos núcleos de poboación.
Incendios que deixaron centos de hectáreas queimadas neste termo municipal, deixando ao seu paso danos moi importantes en vivendas, cubertos, galpóns, cuadras, vehículos, tractores, montes con árbores, viñedos, terras de cultivo, aparellos de labranza, maquinaria en xeral, instalacións eléctricas e de servicio de auga, sumidoiros, sinais, danos en camiños, en pistas municipais, etc.
A través dun comunicado, o Concello tamén quixo recoñecer agradecer a todas as persoas que colaboraron na extinción dos diversos focos de incendio, para evitar danos maiores.
Os diversos incendios, que estiveron activos durante estes dous días, deixaron un panorama desolador e devastador en gran parte do noso municipio, cuxa recuperación será complicada e lenta.
O consistorio está facendo unha relación dos danos sufridos, con visitas aos lugares dos danos, aos efectos de posibles axudas de todos os organismos oficiais, ademais de colocar avisos informando a poboación para que os afectados se comuniquen co propio Concello.