A actividade non especificou ás idades ás que vai dirixido pero as persoas que se anotaron son adultos ou, incluso, persoas que xa pertencen a terceira idade. A intención é que os participantes poidan tirar proveito das distintas capacidades que hoxe en día ten un teléfono, que é un pequeno ordenador de peto.
Seis clases, de hora e media, onde verán o uso básico do móbil, o manexo da pantalla táctil, o bloqueo e desbloqueo da pantalla, o aceso e apagado do móbil. O menú e as aplicacións, a axenda de contactos, o calendario, a alarma e o SMS. O uso da cámara de fotos, a captura de vídeos, arquivar fotos e o retoque de imaxes. Unha vez que os temas básicos están asimilados verase o uso das redes sociais como o WhatsApp e o Facebook, así como as chamadas de emerxencia e a solicitude de cita para o médico ou outras utilizacións que nos sirvan para o día a día.
Día das Letras Galegas
O concello de Salvaterra tamén organiza diversas activiades para conmemorar o Día das Letras Galegas do vindeiro 17 de marzo. O calendario é o seguiente:
Venres 13 de maio, actividade infantil ao aire libre, na Praza do Concello, ás 17.30 horas, en caso de choiva a actividade será suspendida. Probas con libros, pintura e para rematar, lectura e recital da ora de Manuel María
Sábado 14 de maio, no Salón da Casa de Cultura de Salvaterra, ás 19.00 horas. Concerto de Corais polas Letras Galegas
Por outro lado, por 6º ano consecutivo o Concello realizará o Concuros de Debuxo e Marcapáxina – Letras Galegas- con Centros Educativos de Infantil e Primaria do nosos Municipio, dotados con 12 lotes de libros e material escolar.