Este reparto coincide coa Semana do Clima, polo que o Concello quere sumarse así ás campañas que se están a desenvolver en todo o mundo e “reforzar” na vila a necesidade de tomar medias para combater a crise climática, comezando polos máis pequenos.
“É moi importante que fagamos unha parada no noso camiño, que levantemos a cabeza e que sexamos capaces de ver máis alá, máis alá do noso día a día, que pensemos no futuro que lle estamos deixando aos nosos fillos, pero sobre todo que sexamos conscientes en que se actuamos podemos paralo. Por iso cremos que é moi importante empezar de abaixo a arriba, dende os máis cativos, para crear conciencia e que eles mesmos eduquen e ensinen aos maiores e así poder frear as consecuencias, que non podemos esquecer que son consecuencia dos nosos actos, que está a sufrir o planeta”, explica a alcaldesa, Marta Valcárcel.
O propio Concello está a tomar medidas de mellora de eficiencia enerxética con diferentes accións como o cambio de alumeado no casco urbano e na Fortaleza por lámpadas LED ou o cambio das caldeiras de gasóleo por outras de biomasa en diferentes edificios municipais.