Salvaterra presentará batalla ao coronavirus desde a rúa e proporcionará a todos os viandantes desinfectante nas rúas. O Concello anunciou este sábado que xa deseñou da man dunha empresa local, Suministros Salvaterra, un dispensador de xel desinfectante que nos próximos días será instalado en diversos puntos da vila, aqueles lugares máis concorridos, co fin de garantir a máxima hixiene e desinfección posible as súas rúas.
A medida, segundo explica o Concello, englóbase dentro do Plan de desinfección que constitúe «un pilar fundamental para evitar a transmisión da pandemia». Dende o Concello espérase que esta iniciativa sexa ben acollida, que «dea máis seguridade e tranquilidade aos cidadáns e aos propios establecementos que están abertos».
Así mesmo dada a situación de escaseza e o prezo do propio material sanitario, cómpre que os veciños e veciñas fagan un uso responsable dos mesmos.
Xuntanza cos comerciantes
Por outra banda, a alcaldesa, Marta Valcárcel Gómez, reuniuse este sábado cos presidentes das dúas Asociacións de Comerciantes do municipio para explicarlle as medidas adoptadas ata o momento polo Concello.
Entre outros temas, Valcárcel explicoulles o Plan de desinfección, os pagos a proveedores, os aprazamentos de pagos de taxas e impostos delegados na ORAL e a entrega de material protección a todos os establecementos que traballan directamente cara o público, consistente en mascarillas, pantallas de protección, guantes e xel desinfectante.
Ademáis, informouse das accións que se levarán a cabo nos próximos días, como é o estudio do pago aprazado da taxa de auga e alcantarillado que xestiona directamento o Concello, a ampliación do espazo destinado a terrazas, en todos aqueles casos que sexa posible, e a adhesión do Concello a Plataforma de venta online «Dbarrio», co fin de potenciar o comercio local.
Por último a alcaldesa propúxolle as dúas asociacións un plan conxunto de promoción, ademáis de estudar o diseño de diversas accións máis ao longo dos seguintes meses