Diferentes profesionais formaron este domingo aos veciños de Salvaterra en reanimación cardiopulmonar, tanto en adultos coma en nenos e en bebés, e ensinaron as pautas de actuación ante unha parada cardíaca e o protocolo de reanimación, realizando unha parte práctica con bonecos de reanimación.
En outro obradoiro abordaron como responder ante un atragantamento, mostrando como desstruír a vía aérea e as manobras a realizar, diferenciando por idades, e explicarase que é e para que se utiliza a Posición Lateral de Seguridade.
Tamén informaron das actuacións que se deben realizar ante un incidente ou accidente de alcance sanitario, que hai que realizar antes da chegada dos profesionais sanitarios e explicarán como funcionan os teléfonos de emerxencias, como chamar, como aportar información do lugar, información do sucedido, como axudar ás equipas de emerxencia a atopar o lugar, que facer ou preparar mentres esperamos.