Os beneficiarios foron os concellos de A Guarda, Oia, O Porriño, O Rosal, Salvaterra, Tomiño e Tui. Esta entrega obedece a que a estatísticas que indican que o 75% das vítimas producidas en vivendas son menores de cinco anos e anciáns maiores de 65 anos, polo que un detector de fume adecuadamente instalado no fogar dobra as posibilidades de saír con vida dun incendio.
Os detectores serán distribuídos polos concellos da provincia beneficiarios da iniciativa en función das necesidades e criterios determinados polos seus servizos sociais. O reparto farase casa por casa e irá acompañada dunha labor de concienciación dirixida ás persoas maiores, que viven soas e están en situación de dependencia. Igualmente, se lles explicará como funcionan os detectores que, precisamente polo público ao que van dirixidos, teñen fácil mantemento e instalación.
O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento tamén recibiu outros elementos destinados a previr incendios como cámaras de visión térmica, carros de aire e diferentes equipamentos por valor de 300.000 euros.