Dende Lazoiro lembran que a catalogación destas praias vai permitir consultar en liña o estado da auga en todo momento pois ata agora o último punto recoñecido como zona de baño atópase en Ponteareas, esquecéndose por tanto do treito final do Tea que vai até a desembocadura no río Miño.
Isto suporá un alicerce para revitalizar estas zonas, tanto no Tea (Abelán e Muíños) como no Miño (Bocal) e dará seguranza a aquelas persoas que busquen zonas de baño onde a calidade da auga se atope controla por un organismo oficial, axudando por tanto a unha promoción turística desas zonas.