As persoas inscritas farán un percorrido que levaralles polo Parque da Canuda e o paseo fluvial á Illa de Fillabona, no Baixo Tea. É unha ruta só de mañá e a Deputación de Pontevedra pon a disposición das persoas inscritas autobuses desde Pontevedra e Vigo (con saídas desde a praza de Galicia no primeiro caso e desde a praza de España da cidade olívica) para que poidan desprazarse ata o punto de encontro (o Parque da Canuda, ás 10 da mañá).
As DepoAndainas, o programa de rutas que desenvolve a Deputación para fomentar hábitos de vida saudable e promover o turismo sustentable, entrarán logo na súa recta final. En setembro se celebrará o itinerario polo Bosque encantado en Cangas e polas Illas Cíes en Vigo e, xa en outubro, terán lugar as dúas últimas rutas, polo monte de Santa Trega na Guarda e os muíños do Folón no Rosal, e pola ruta da Pedra e da Auga de Ribadumia.