O contrato das obras foi adxudicado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a Covisan Norte S.L. o pasado mes de xuño por un importante de 347.246 euros, cofinanciados con fondos Feder, e cun prazo de execución de dous meses e medio.
A intervención afectará ás fachadas, carpinterías, luminarias e outros elementos das instalacións. Deste xeito acometerase o illamento da fachada exterior, a substitución de ventás das aulas e da fachada exterior da biblioteca por outras de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre e a substitución de luminarias por equipos de alta eficiencia enerxética.
Todas estas medidas combinadas suporán un aforro enerxético anual en torno ao 23,5 por cento. Así mesmo, tamén se substituirán os falsos teitos existentes por paneis con propiedades acústicas, e se procederá á reparación e pintado de paramentos interiores.