O home caera por un barranco e, á parte dunha forte dor nas costas, presentaba algunhas feridas das que está a ser atendido no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. O señor vive coa súa familia no lugar do Pombal e ten problemas de saúde. O sábado, a familia saíu da casa cedo e cando voltaron, sobre a unha da tarde, o home xa non estaba. Logo de buscaren polos arredores e preguntar nos hospitais, os familiares chamaron a primeira hora deste domingo ao 112 Galicia. Os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron á Garda Civil, que, unha hora despois, localizou ao señor caído nun barranco, nunha pista paralela á N-550.