Sucedeu en Ameiro Longo, concretamente no punto quilométrico 155 da N-550. Ademais, segundo se lle indicou ao 112 Galicia, foi preciso desviar o tráfico a través da EP-2601 para os vehículos que circulaban de Redondela ao Porriño, e pola A-55 para os que viaxaban do Porriño a Redondela, debido a un cable de media tensión que rematou na N-550.
Varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para alertar do incendio ás 5:00 horas. A partir de aí, os xestores do CIAE-112 puxeron a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros do Porriño, da Garda Civil, da Policía Local, de Protección Civil de Mos e do Porriño, dos Bombeiros de Vigo, da Garda Civil de Tráfico e da empresa subministradora de electricidade.
Así, os servizos de emerxencias desprazáronse ata o lugar do incendio, que quedou sufocado ao fío das 6:30 horas. Por outra banda, a circulación de vehículos na estrada quedou restablecida, tamén, pasados uns minutos das 6:30 horas.