Así, ambas administracións colaborarán para mellorar o saneamento de distintos puntos do rural deste municipio. Este compromiso vén recollido no convenio, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).
En concreto, as obras previstas consistirán na execución dunha nova rede de saneamento en puntos que aínda non dispoñen dela, na zona de Pedraucha e de Atín–Cela. O obxectivo destes traballos é mellorar as condicións de vida nestas zonas de Mos, eliminando puntos de vertedura e, grazas a iso, mellorando a calidade das augas dos ríos da contorna.
Ao remate da reunión, a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio destacou que a Xunta seguirá apostando pola máxima colaboración cos concellos galegos para a posta en marcha infraestruturas e servizos que melloren a calidade de vida dos cidadáns e cidadás.