Esta idea xurdiu en 2017 co obxectivo de axudar a colectivos sensibles de Mos, por parte do perruqueiro mosense Ángel García. O formato da actividade consistirá en que os asistentes á mesma poderán cortar o pelo ou peitearse por un prezo simbólico mercando previamente un tique de participación. E ademais ao longo da xornada haberá outras actividades de lecer, culturais e musicais.
A actividade comezará ás 16.00 horas e rematará á medianoite. Haberá un total de 11 profesionais convidados ao servizo dos asistentes, aos que se recomenda que acudan co pelo lavado.
En palabras de Ángel García, “o que pretendemos é que a xente se involucre e o pase ben, se logo queren cortar o pelo ou peitearse perfecto. Ademais quen queira colaborar economicamente sen facerse ningún tratamento de perruquería tamén pode”. García espera “que o evento deste ano saia ben e alédase profundamente de ter podido darlle continuidade no tempo e repetilo xa neste terceiro ano, e que así sexa en moitas máis sucesivas edicións”.