“Realmente é lamentable o espectáculo de ver moreas de lixo acumuladas. O incívico do comportamento de algúns non é escusa para non actuar. E o goberno do PP está deixando de lado o loitar contra este tipo de actuacións irresponsables”, critican os membros da formación nacionalista, que piden que se eviten estes vertidos incontrolados.
Para elo, consideran que a vixilancia é primordial e non aceptan a xustificación que din recibir do goberno local. “O único que fai é dicir que a culpa non é del”, lamentan desde o Bloque.
O BNG lembra ademais que o custe de tratar estes residuos “é moi grande” para o Concello, xa que a recollida ten que facela una empresa que logo separa o que se tirou “de mala maneira”. “O pouco civismo dunha minoría o pagamos entre todos. E é responsabilidade do goberno do PP”, conclúen.