En febreiro de 2016 facíao o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e este sábado fíxoo o delegado da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitando o Pavillón de Pena de Francia, que sufriu graves estragos derrubándose as dúas paredes que se atopaban xusto detrás de ámbalas dúas porterías.
Acompañaron a López-Chaves na súa visita a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Vías e Obras, Luis Alonso, a concelleira de Educación, Kely Monzón, e o edil de Patrimonio, Camilo Augusto. Durante a visita atopábanse tamén facendo traballos de retirada de escombros e aplicación doutras medidas de seguridade voluntarios da Agrupación de Protección Civil de Mos.
A alcaldesa informou de que a continuación reuniríase in situ co Xefe da Policía Local, o Coordinador do Servizo Municipal de Emerxencias e a Arquitecto Técnico municipal para decretar medidas técnicas de seguridade no pavillón e as súas inmediacións, aínda que xa hai un protocolo de seguridade posto en marcha consistente en:
En concreto no Pavillón Pena de Francia e as súas inmediacións haberá vixilancia permanente 24 horas (ata o luns) por parte da Policía Local e/ou Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil, quedan inabilitadas totalmente as instalacións. Ninguén poderá acceder nin achercarse ata novo aviso. A zona será vallada e o luns o Concello iniciará a redacción dun proxecto de rehabilitación do edificio para cuxa inminente execución buscarase colaboración supramunicipal. Pídese e recoméndase aos pais e nais de alumnos/as do Colexio Pena de Francia que, na medida do posible, manden aos seus fillos á escola no transporte escolar (os vindeiros luns e martes) para evitar colapsos de tráfico na zona e solicítase aos pais e nais de alumnos/as do Colexio Pena de Francia, e en xeral a calquera veciño/a, que non utilicen o aparcadoiro que se atopa xunto ao pavillón
En xeral no Concello de Mos quedan suspendidas todas as actividades programadas para a presente fin de semana nos edificios públicos municipais e porase un cartel informando ao respecto en cada un deses edificios, así como informarase de novas medidas, no caso de adoitarse, na páxina web municipal www.mos.es e no Facebook do Concello de Mos. Polo que se recomenda aos veciños/as que estean pendientes destas dúas plataformas dixitais.
Por último a rexedora local mosense agradeceu toda a colaboración das moitas persoas que están a traballar pese as inclemencias do tempo para que as consecuencias do temporal sexan as menores posibles e, en especial, deulle as grazas ó delegado da Xunta por acudir tan rápidamente a Mos esta mañá. E concluiu a alcaldesa declarando que “espero que a Deputación esta vez colabore co Concello de Mos nesta situación extrema e sobrevenida, xa que o ano pasado non fixo nada. Nunca é tarde se a dicha e boa e agradeceríamos enormemente a axuda da administración provincial”, concluiu.