A cantante melódica-lírica e actriz nacida en Tomiño, Andrea Pousa, será a encargada de presentar as badaladas que, por suposto, contarán coas tradicionais 12 uvas de Fin de Ano para todos os asistentes. O Concello repartirá preto de 200 quilos de uvas para que todo o mundo poida cumprir coa tradición.
Tras as badaladas e as uvas chegará a actuación da Orquestra La Fórmula, que presentará o seu mellor espetáculo dos últimos anos, titulado «La magia existe».
Nos exteriores do Pazo de Mos haberá instalada unha gran carpa para este evento festivo. Desde o Concello de Mos espérase repetir o éxito da pasada edición da Festa Pre Fin de Ano, á que asistiron preto de 3.000 persoas.