As árbores estaban nun merendeiro situado entre a ribeira do río Louro e a estrada N-550 no municipio de Mos, a uns metros da desviación da parroquia da Gándara. De folla caduca, as prantas tieñan máis de trinta anos como mostra o grosor do seu tronco. Non obstante, parece que a proximidade á estrada nacional rematou por ser a súa fin, a pesar de que formaban parte dunha zona de descanso e natural entre o asfalto e o curso de auga. O último día de 2015 permanecían no chan co corte recén feito á espera de ser trasladadas ó aserradoiro correspondente.