Así mesmo Arévalo remitiulle unha carta a Abel Caballero na que lle pide “seriedade e responsabilidade” neste tema, de grande interese e importancia para ambos municipios.
A misiva (dispoñible en PDF ao final do artigo) vai acompañada de Informe da Secretaría Municipal, no que se detallan os pasos dados polo Concello de Mos no procedemento administrativo de deslinde na zona do Rebullón e no que se aclara a necesidade de que o Concello de Vigo fixe a composición da súa comisión para poder realizar sobre o terreo as operacións de deslinde pertinentes coa presenza de sendas comisións de deslinde: a mosense e a viguesa.
O Informe de Secretaría clarifica que os trámites seguidos polo Concello de Mos neste proceso son “os legalmente establecidos pola normativa vixente e que, por suposto, a administración local mosense ten as competencias para inicialos”.