A alcaldesa do Partido Popular indicou que se trata dunha actuación moi demanda por parte dos veciños xa que se trata dunha zona de bastante tránsito que non reúne unhas condicións de acceso adaptadas. A conselleira avanzoulle que é necesario contar cun proxecto no que se detallen as actuacións e fases, para así poder asinar o antes posible un convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello no que se detalle o alcance desta colaboración.
Outro dos puntos abordados na reunión foron as necesidades de saneamento neste concello. A conselleira indicoulle que a Xunta analizará a posibilidade de levar a cabo actuacións neste concello que á súa vez forma parte do Consorcio do Louro co que se están avaliando distintas actuacións para mellorar a calidade das súas augas.