A tirolina que se instalará, destinada a maiores de 6 anos, será de madeira e cunhas dimensións aproximadas de 28,24 metros de lonxitude e 4,70 metros de ancho ocupando unha superficie de 133 metros cadrados.
A pista multixogos ofrecerá nun único espazo múltiples posibilidades para a práctica do deporte ao aire libre, como tenis, baloncesto, fútbol sala, etc…ou simplemente deixar que funcione a imaxinación, idear novos xogos ou recuperar os que tradicionalmente practican os nenos e nenas. Tratarase dunha instalación totalmente accesible e sen limitacións, que contará cunhas dimensións aproximadas de 20 por 10 metros.
Estará dotada de céspede artificial e equipamento deportivo (canastras, porterías e rede de tenis) entre o que se atopará unha porta de accesibilidade, porterías brasileiras, canastas de baloncesto con taboleiro tipo americano e con aros e redes antivandálicas, rede de portería antivandálica e rede de tenis.
Ademais, o plan contempla a mellora e instalación de parques infantís e biosaudables.