Os obxectivos principais que persigue este proxecto son facilitar a comprensión da factura da luz utilizando unha linguaxe comprensible para o cidadán, linguaxe non exenta, sen embargo, de rigorosidade e darlle a coñecer os dereitos que o asisten como consumidor eléctrico.
Para isto elaboráronse distintas ferramentas de comunicación entre as que destaca unha aplicación informática que axuda a coñecer máis detalladamente todos os conceptos relacionados coa factura da electricidade (Prezo Voluntario ao Pequeno Consumidor PVPC, termo de potencia, discriminación horaria, contadores intelixentes, mercado eléctrico, etc.).
Igualmente, permite diferenciar entre cada un dos axentes do sector eléctrico, calcular de xeito personalizado o termo de potencia contratada máis aconsellable en función do equipamento da vivenda e calcular de xeito personalizado a tarifa máis adecuada en función do uso do equipamento da vivenda.
Aspectos coma este, a adaptación da demanda de enerxía ás necesidades de cada un, é un dos consellos que ofrece a iniciativa para aforrar e optimizar eficiencia enerxética dos fogares en iluminación ou uso de electrodomésticos.
Ademais, os participantes coñecerán de primeira man e polo miúdo os seus dereitos como consumidores e onde se poden formular as reclamacións e trámites relacionados coa factura da luz.