Este Plan, que conta coa colaboración do Servizo Municipal de Emerxencias de Mos, consta de tres partes fundamentais: información, prevención e actuación.
Ademais, en colaboración con apicultores de Mos, organizaranse charlas nas distintas parroquias do municipio para repartir trampas e os líquidos que deben conter as mesmas, así como para explicar paso a paso a fabricación de trampas caseiras.
Estas reunións informativas terán lugar sempre á mesma hora, ás 20.30 horas, e celebraranse do 6 de marzo ao 14 de marzo. No Pazo de Mos será o día 6 de marzo, no Centro Cultural Nosa Terra de Pereiras o día 7 de marzo, na Asociación de Veciños Santa Ana de Veigadaña o día 12 de marzo, no Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso o día 13 de marzo e na Axencia de Colocación de Mos o día 14 de marzo.
As trampas están destinadas á regularización e captura de raíñas fundadoras deste insecto. Desta maneira trátase de reducir a poboación do mesmo menguando así o número de niños de Vespa Velutina para tranquilidade da poboación, e para evitar os custes que supón a desactivación dos devanditos niños unha vez formados, reducir os danos en cultivos fructícolas e contribuir á protección das abellas autóctonas. As zonas próximas a ríos e regatos son as máis perigosas.
Este plan anual contra a Vespa Velutina realízase por cuarto ano consecutivo, nesta ocasión reforzado coa escopeta de aire comprimido para poder abatir con facilidade os niños.
O ano pasado o Concello de Mos instalou 300 trampas contra a Vespa Velutina e retirou máis de 100 niños a través deste plan anual municipal.