Hoxe tivo lugar a presentación dos actos conmemorativos do patrón de Mos, San Mamede, nas que se inclúe o concerto estrela de Morat. No acto de presentación celebrado no salón de sesións do Concello de Mos estiveron presentes Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Nava Castro, directora da Axencia Turismo de Galicia, Sara Cebreiro, concelleiramosense de Cultura e Turismo, Camilo Grandal, presidente da Comunidade de Montes de Torroso e Kin Martínez, Director da productora Esmerarte.
As entradas para o concerto de Morat, con subvención autonómica por atoparse incluído no programa musical do Xacobeo 21.22, teñen un custe de 10 euros e xa están á venda nas plataformas on line ataquilla.com e esmerarte.com. Este concerto será un dos tan só 40 que a banda colombiana dá por todo o mundo na súa xira actual.
A rexedora local mosense, Nidia Arévalo, detallou a programación das Festas do Patrón, San Mamede 2022, que se prolongarán desde o día 31 deste mes ata o 18 de agosto, co broche de ouro do concerto de Morat no Campo de Fútbol das Baloutas.
Arévalo explicou que o programa de actos festivos comezará o 31 de xullo ás 10.00 horas cunha andaina medioambiental pola parroquia de Torroso con saída desde o Centro Dotacional de Torroso.
O 6 agosto ás 20.30horas haberá un Certame de Bandas de Música no Auditorio do Centro Dotacional de Torroso. Ás 21.30 horas, sardiñada amenizada por SDK de Guláns e sacacorchos de Torroso. E durante todo o día,de 12.00 horas a 20.00 horas, Festa da Auga con hinchables acuáticos de balde para a cativadana contorna do Centro Dotacional de Torroso.
O 7 agosto, día de San Mamede, ás 12.00 horas Misa Solemne na Igrexa de San Mamede de Torroso,seguida de concerto da Banda Xuvenil de Torroso. Ás 21.00 horas concerto de Algarabía Folk na contorna do Centro Dotacional de Torroso, que irá seguido, ás 22.00 horas, do Concerto De Xabier Díaz coas Adufeiras de Salitre (subvencionado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia) na mesma ubicación. Continuará a música e ás 23.30 horas chegará a verbena coa orquestra Suavecitos.
O 8 agosto ás 12.00 horas oficiaraseoutra Misa Solemne na Igrexa de San Mamede de Torroso, seguida da actuación do Grupo de Baile e Gaitas Ruada de Torroso. Ás 22.00 horas comezará a verbena coa Orquestra América E O Grupo Fama.
O concerto estrela do San Mamede 2022 chegará o 18 agosto ás 22.00 horas no Campo de Fútbol de As Baloutas. Morat porá o broche de ouro ásFestas do Patrón 2022.
Kin Martínez, Director de Esmerarte, explicou os detalles da venda de entradas do concerto de Morat. Hoxe ás 14.00 horas saíron á venda as 3.000 localidades dispoñibles para este concerto, que se poden comprar desde xa mesmo on line a través de ataquilla.com e esmerarte.com.