O PSOE capturou unha serie de fotografías nas que se pode observar a presencia dun coche de Protección Civil, outro do Servizo Municipal de Emerxencias e varios empregados municipais xunto á carpa na que se celebrou o acto, no que estivo presente o presidente do PP provincial de Pontevedra, Alfonso Rueda.
“Nun día caloroso de verán no que hai riscos de posibles incendios, os servizos de emerxencias deberían estar en alerta para posibles problemas que xurdan. E si se queren cubrir os actos ou as festividades do Concello para evitar problemas maiores unha patrulla debería estar na xuntanza do monte de Tameiga na que había maior risco de altercado forestal, onde tampouco houbo representación do Partido Popular xa que se ía ler un comunicado defendendo o monte fronte a area comercial do proxecto do Celta”.
A voceira socialista, Patricia Pérez, considera que “os servizos pagados por todos non son para usos privados e que este feito responde a unha vez máis a inaptitude de Arévalo coma alcaldesa de Mos, xa que demostra intereses partidarios fronte a defensa da veciñanza”.
“De producirse un incendio na vila e non poder socorrelo a tempo por estar cubrindo un acto do PP, que lle diría as e os mosenses?”, cuestionou Pérez.